quarta-feira, 20 de janeiro de 2010

89. DELI SÁNCHEZ

Deli Sánchez, naceu en Santiago de Compostela no ano 1968, ainda que viviu dende neno en Noia, pobo das rias baixas galegas.
Sentíndose pois Noiés, xa de rapaz saia a pintar ás rúas e praias desta Vila Medieval.
Pintor autodidacta, iniciou a sua carreira artística profesionalmente en Madrid, cidade donde residiu máis de dez anos.
De volta á sua terra, decide cursar estudos superiores na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde se titula como Técnico Superior en Artes Plásticas aplicadas á Escultura.
Afincado en Lestedo, combina a pintura, dentro dun estilo expresionista donde o colorismo e a materia están patentes, ca escultura en granitos galegos, mármores e principalmente ferro, material co este creador se sinte máis cómodo.
Cabe destacar a influencia do Jazz na obra de este artista, tanto en pintura como en escultura.
Autor da portada para o disco “Open doors“ do prestixioso pianista de jazz, Abe Rábade, e pinturas en directo nos Ciclos de Jazz 1906 de Estrella Galicia, así como exposicións habituais no Club de Jazz Dado Dadá de Santiago, son algunhas das suas intervencións máis importantes.
Asímesmo as paixases da Galiza están tamén presentes na súa obra, ademáis de outras inspiracións.
Exposicións en Madrid, Alcalá de Henares, Noia, Oroso, Lugo, A Coruña, Salvaterra do Miño, entre outras.... e as de Portugal, en Góis, Coimbra, Figueira da Foz, Cantanhede, ou Sao Joao de Madeira.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Etiquetas